viernes, 11 de noviembre de 2011

Mesa de xogos de caracter divino



É unha mesa do más fabulosa por algo lle chaman White Eden Play Table. Ata no caso de non ter fillos encantaríame ter esta mesa. Pode que a deixase en branco pero seguramente lle poñería unhas patas metálicas con rodas. Unhas patas grosas, fortes e pesadas que soportasen o peso e asegurasen que a mesa non se inclinase cara o lado cando se abrise o caixón (especialmente se os compartimentos están cheos e polo tanto están pesados). Confeso que, a pesares de me gustar o feito de que teña un caixón tan espacioso, preferiría que fosen dous caixóns: un a cada lado. Sería definitivamente máis práctico.

[Xa sei que a foto é un tanto terrible, pero aínda non lle pillei o truco a copiar imaxes de páxinas web, así que non vexo forma de quitarlle as frechas da marxe dereita. Pido desculpas.]


*m

No hay comentarios:

Publicar un comentario