viernes, 4 de noviembre de 2011

Mesa colgante (e marabillosa)


{imaxes via Happiness Is}


Non podo deixar de admirar esa mesa colgante. Ámoa tanto que se, chegado o momento (probablemente lonxano) no que teña a miña casa, non teño esto no meu xardín serei moi infeliz. A risco de ser cursi vou dicir que me gusta porque evoca os típicos columpios cubertos de flores nos que tipicamente se columpiarían as fadas {suspiro}.

O que a fai ainda máis especial é o feito de que o taboleiro sexa unha porta! Cousa que descubrín ao seguir o link e chegar á páxina orixinal na que se publicaron as fotos. Todo é realmente precioso nesa boda, a mesa, a vaixela, os arranxos florais, o lugar...

Afianzando o meu amor polo rústico. Amén.



*m

No hay comentarios:

Publicar un comentario