domingo, 18 de diciembre de 2011

Cousas para recordar.

Te quiero escribir una carta de palabras vacías, de intenciones sinceras y sin salas de espera. De copas de vino en calles estrechas con acentos extraños. De tu vestido de flores y los músicos de Gante. De tantas y tantas flores que no te he comprado en el mercado. De silencios eternos que nunca fueron incómodos. De la forma en la que hueles los libros de segunda mano. De aquel poema que tenías en la pared. De chocolate blanco y yogures de fresa. De muebles antiguos para nuestro futuro café. De calles de Barcelona que nos vieron pasear. De sueños indescifrables con el Nesquick de las mañanas. De autobuses que circulan con palabras encadenadas. De hoteles baratos con vistas al miedo a un futuro indeciso...
Espero que en menos de 23 años podamos tomarnos unas copas de vino en nuestras Múltiples Moradas. Mientras tanto me llega con pedirte que sigas siendo esa amiga por la que siento borracha empatía.


Algo para recordar nos momentos vacíos.
Un dos mellores agasallos que tiven nunca.

Non podía esperar menos da miña parella espiritual.



*m

viernes, 18 de noviembre de 2011

Cousas para recordar...

De vez en cando curioseo no blog de Danielle de Lange chamado The Style Files. Sempre atopo ideas e productos interesantes dos que namorarme e desexar copiar ou poseer. Curiosamente, esta muller é de Holanda. E todos sabemos que sinto debilidade polos países flamenco-falantes (principalmente Bélxica, pero como están tan cerquiña pois non podo evitar extender o cariño).

Pois hoxe púxenme a cotillear de novo e descubrín que Danielle e familia teñen unha tenda online chamada Le Souk. Total, que como é posible querer ter todo? Encántanme sobre todo a roupa de cama que oferta e os papeis de parede.




{imaxes de Le Souk}

Cando estaba en Bélxica achegárame á cidade de Mechelen para ir a unha tenda chamada Lily - Life's Little Luxuries para mercar o Precioso Vestido para a boda da miña irmá. Gustoume tanto a tenda e a atención que lle prestaban aos detalles que, aínda que agora xa non estou en Bélxica, de vez en cando bótolle unh ollada á páxina web e alí foi onde descubrín o papel de parede que se ve arriba. No momento non souben en que consistía o deseño pero agora acabo de descubrir gracias a Le Souk que son porcelanas! Jo, é tan bonito! {sorriso}

Xa, o contido deste post foi un pouco "random" {sorriso}.



*m

viernes, 11 de noviembre de 2011

Mesa de xogos de caracter divino



É unha mesa do más fabulosa por algo lle chaman White Eden Play Table. Ata no caso de non ter fillos encantaríame ter esta mesa. Pode que a deixase en branco pero seguramente lle poñería unhas patas metálicas con rodas. Unhas patas grosas, fortes e pesadas que soportasen o peso e asegurasen que a mesa non se inclinase cara o lado cando se abrise o caixón (especialmente se os compartimentos están cheos e polo tanto están pesados). Confeso que, a pesares de me gustar o feito de que teña un caixón tan espacioso, preferiría que fosen dous caixóns: un a cada lado. Sería definitivamente máis práctico.

[Xa sei que a foto é un tanto terrible, pero aínda non lle pillei o truco a copiar imaxes de páxinas web, así que non vexo forma de quitarlle as frechas da marxe dereita. Pido desculpas.]


*m

lunes, 7 de noviembre de 2011

Paredes enmarcadas


{imaxe de Est Magazine}
{imaxe de Rue Magazine}
{imaxe de decomyplace}

Por algún motivo nunca me gustou pegar fotos persoais nas paredes nin poñelas en marcos horteras enriba das mesas. Pola contra, encántanme as paredes cubertas de cadros e marcos con curiosidades varias. A pesares do mal rollo que ás veces me dan os espellos, ata tamén me gusta a foto de Rue Magazine con espellos de marcos barrocos distribuídos "randomly" pola parede.

Dende logo creo que son un elemento decorativo do máis especial. Conseguen dar un toque persoal á estancia. Cada parede é totalmente distinta e sen demasiado traballo sempre se poden cambiar a distribución ou as imaxes para darlle un cambio á habitación.

O que máis me gustaría sería mesturar distintas cores e formas nos marcos con imaxes tanto en branco e negro como en cor. Estou obsesionada coas cores. Ata o punto de cambiar o meu vestuario case estrictamente monocromático en negro por un con cores como vermello ou azul turquesa. E gústame esta nova imaxe de min porque non é aquela á que estou acostumada e sinto que lle dá un brillo distinto á miña pel un tanto pálida.

Oh, seguramente unha próxima entrada estea adicada a esta nova obsesión polas cores {sorriso}.


*m

viernes, 4 de noviembre de 2011

Mesa colgante (e marabillosa)


{imaxes via Happiness Is}


Non podo deixar de admirar esa mesa colgante. Ámoa tanto que se, chegado o momento (probablemente lonxano) no que teña a miña casa, non teño esto no meu xardín serei moi infeliz. A risco de ser cursi vou dicir que me gusta porque evoca os típicos columpios cubertos de flores nos que tipicamente se columpiarían as fadas {suspiro}.

O que a fai ainda máis especial é o feito de que o taboleiro sexa unha porta! Cousa que descubrín ao seguir o link e chegar á páxina orixinal na que se publicaron as fotos. Todo é realmente precioso nesa boda, a mesa, a vaixela, os arranxos florais, o lugar...

Afianzando o meu amor polo rústico. Amén.



*m

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Percheiro flotante

{imaxe de love aesthetics}

Nunca se me tería pasado pola cabeza convertir unha póla dunha árbore nunha especie de percheiro. É unha idea tan xenial e tan económica! Encantaríame poder poñela na entrada da miña casa, cunhas bonitas perchas en cores chamativas para recibir os abrigos dos meus convidados.

O máis seguro é que conservase o aspecto orixinal, para poder conseguir ese aspecto rústico co que ultimamente estou obsesionada. Ao fin e ao cabo, se cambio de opinión sempre a podo pintar doutra cor como na imaxe. Iso si, dubido moito que escollese branco, non é unha cor que me entusiasme cando se abusa dela na decoración, dá un excesivo aspecto de esterilidade.



*m

De nomes e outras cousas

Cousa Cousiña
Casa Casiña
Cousa Bonita
Casa Bonita