De vez en cando curioseo no blog de Danielle de Lange chamado The Style Files. Sempre atopo ideas e productos interesantes dos que namorarme e desexar copiar ou poseer. Curiosamente, esta muller é de Holanda. E todos sabemos que sinto debilidade polos países flamenco-falantes (principalmente Bélxica, pero como están tan cerquiña pois non podo evitar extender o cariño).
Pois hoxe púxenme a cotillear de novo e descubrín que Danielle e familia teñen unha tenda online chamada Le Souk. Total, que como é posible querer ter todo? Encántanme sobre todo a roupa de cama que oferta e os papeis de parede.

{imaxes de Le Souk}
Cando estaba en Bélxica achegárame á cidade de Mechelen para ir a unha tenda chamada Lily - Life's Little Luxuries para mercar o Precioso Vestido para a boda da miña irmá. Gustoume tanto a tenda e a atención que lle prestaban aos detalles que, aínda que agora xa non estou en Bélxica, de vez en cando bótolle unh ollada á páxina web e alí foi onde descubrín o papel de parede que se ve arriba. No momento non souben en que consistía o deseño pero agora acabo de descubrir gracias a Le Souk que son porcelanas! Jo, é tan bonito! {sorriso}
Xa, o contido deste post foi un pouco "random" {sorriso}.
Xa, o contido deste post foi un pouco "random" {sorriso}.
*m